unique prestashop themes

 

AVISO LEGAL

 

1.- Datos rexistrais

O presente aviso legal regula o uso do servizo de Internet http://www.hlenergia.com (en adiante, o «Sitio Web»), así como calquera conta ou perfil en redes sociais existentes ou futuras (en adiante, «Redes Sociais»), que HIDROELÉCTRICA DE LARACHA, S. L., con domicilio a estes efectos na avenida de Arteixo, 19 / 1.º dta. 15004 A Coruña, pon ou puider chegar a poñer á disposición dos usuarios de Internet.

 

2.- Obxecto

A través do Sitio Web e a súa presenza en Redes Sociais, HIDROELÉCTRICA DE LARACHA facilita aos usuarios o acceso e a utilización de diversos servizos e contidos postos á súa disposición por HIDROELÉCTRICA DE LARACHA ou por terceiros.

 

3.- Condicións de uso e aceptación

O acceso e/ou utilización do presente Sitio Web e dos perfís ou contas de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA en Redes Sociais atribúe a condición de usuario, e implica por parte deste a plena aceptación das presentes condicións de uso, así como aquelas particulares que se establezan para determinados servizos que complementarán a estas, comprometéndose a utilizar os usuarios, de conformidade coa lei, o presente aviso legal, as condicións particulares de certos servizos e demais avisos, regulamentos e instrucións postos no seu coñecemento, así como a moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.

 

A páxina www.hlenergia.com e os perfís/contas de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA nas Redes Sociais poden ser visitadas libremente polos usuarios, excluíndo aquelas partes en que se encontraren «áreas de acceso privado» e/ou servizos, así como en determinadas Redes Sociais, que esixiren a inscrición nun rexistro de usuarios, que implicase o cumprimento do correspondente proceso, que se efectuará na forma expresamente indicada no propio servizo ou Rede Social, ou nas condicións particulares que os regulen.

 

Toda a información que facilite o usuario en calquera caso deberá ser veraz. A estes efectos o usuario garante a autenticidade de todos aqueles datos que comunique como consecuencia da utilización do Sitio Web e/ou dos perfís/contas de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA nas Redes Sociais. De igual forma, será responsabilidade do usuario manter toda a información facilitada a HIDROELÉCTRICA DE LARACHA permanentemente actualizada, de forma que responda en cada momento á situación real do usuario, e non será responsable HIDROELÉCTRICA DE LARACHA dos prexuízos que se poidan causar a terceiros pola información que facilite.

 

A tal efecto, o usuario absterase de utilizar calquera dos servizos e/ou perfís ou contas con fins ou efectos ilícitos, prohibidos no presente aviso legal, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos servizos e/ou perfís/contas, os equipos informáticos ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático («hacking») de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA, doutros usuarios ou de calquera usuario de Internet (hardware e software).

 

En particular, e a título simplemente orientativo, non exhaustivo, o usuario comprométese a non transmitir, difundir ou poñer á disposición de terceiros informacións, datos, contidos, mensaxes, gráficos, debuxos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, gravacións, software e, en xeral, calquera clase de material que:

- de calquera forma sexa contrario, menosprece ou atente contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas constitucionalmente, nos tratados internacionais e no resto da lexislación, especialmente toda aquela relacionada co tratamento de datos persoais;

- induza, incite ou promova actuacións delituosas, denigrativas, difamatorias, infamantes, violentas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral e os bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública;

- induza, incite ou promova actuacións, actitudes ou pensamentos discriminatorios por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición;

- incorpore, poña á disposición ou permita acceder a produtos, elementos, mensaxes e/ou servizos delituosos, violentos, ofensivos, nocivos, degradantes ou, en xeral, contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública;

- induza ou poida inducir a un estado inaceptable de ansiedade ou temor;

- induza ou incite a involucrarse en prácticas perigosas, de risco ou nocivas para a saúde e o equilibrio psíquico;

-  sexa falso, ambiguo, inexacto, esaxerado ou extemporáneo, de forma que induza ou poida inducir a erro sobre o seu obxecto ou sobre as intencións ou propósitos do comunicante;

- estea protexido por calquera dereito de propiedade intelectual ou industrial pertencente a terceiros, sen que o usuario obtivese previamente dos seus titulares a autorización necesaria para levar a cabo o uso que efectúa ou pretende efectuar;

- viole os segredos empresariais de terceiros;

-  sexa contrario ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas;

- de calquera maneira menoscabe o crédito de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA ou de terceiros;

-  infrinxa a normativa sobre segredo das comunicacións;

-  constitúa, no seu caso, publicidade ilícita, enganosa ou desleal e, en xeral, que constitúa competencia desleal;

- incorpore virus ou outros elementos físicos ou electrónicos que poidan danar ou impedir o normal funcionamento da rede, do sistema ou de equipos informáticos (hardware e software) de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA ou terceiros, ou que poidan danar os documentos electrónicos e arquivos almacenados en ditos equipos informáticos;

- provoque polas súas características (tales como formato, extensión, etc.) dificultades no normal funcionamento do servizo;

- conteña etiquetas HTML diferentes daquelas expresamente autorizadas por HIDROELÉCTRICA DE LARACHA.

 

O usuario comprométese a utilizar correctamente os contidos postos á súa disposición no Sitio Web e/ou nas contas/perfís de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA nas Redes Sociais, entendendo por estes, sen que esta enumeración teña carácter limitativo, os textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, enlaces e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, de conformidade coa lei, o presente aviso legal, as condicións particulares de certos servizos e demais avisos, regulamentos, uso e instrucións postos no seu coñecemento, así como coa moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública, e en particular comprométese a absterse de:

- reproducir, copiar, distribuír, poñer á disposición ou de calquera outra forma comunicar publicamente, transformar ou modificar os contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou iso resulte legalmente permitido;

- suprimir, manipular, ou de calquera outra forma alterar o «copyright» e demais datos identificativos da reserva de dereitos de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA ou dos seus titulares, das marcas dixitais ou de calquera outro medio técnico establecido para o seu recoñecemento;

-obter, e mesmo tentar obter, os contidos, empregando para iso medios ou procedementos distintos dos que, segundo os casos, se puxesen á súa disposición a este efecto, ou se indicasen neste sentido, nas páxinas web onde estean os contidos ou, en xeral, dos que se empreguen habitualmente en Internet.

 

4. Introdución de hiperenlaces

Os usuarios, e todas aquelas persoas que teñan intención de establecer un hiperenlace entre a súa páxina web ou portal e o sitio web www.hlenergia.com ou naquelas contas/perfís daquelas redes sociais que o posibiliten, deberán cumprir as seguintes condicións:

- O hiperenlace unicamente permitirá o acceso á homepage ou páxina de inicio do Sitio Web, pero non poderá reproducila de ningunha forma;

-Non se creará un frame sobre as páxinas web do Sitio Web.

-Non se realizarán manifestacións ou indicacións falsas, inexactas ou incorrectas sobre as páxinas web do Sitio Web, os servizos subministrados e/ou as contas ou perfís de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA nas Redes Sociais.

- Non se dará a entender por ningún modo que HIDROELÉCTRICA DE LARACHA autorizou o hiperenlace, ou que asumiu dalgunha maneira os servizos ofrecidos ou postos á disposición desde a páxina web e/ou conta/perfil da rede social en que se establece o hiperenlace.

- A excepción feita daqueles signos que formen parte do mesmo hiperenlace, a páxina e/ou o perfil/conta da rede social en que se estableza o hiperenlace non conterá ningún signo distintivo, dos recoñecidos pola lexislación vixente, dos que sexa titular HIDROELÉCTRICA DE LARACHA, salvo que fose expresamente autorizado por esta.

- A páxina web e/ou conta da rede social en que se estableza o hiperenlace non conterá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros, nin conterá informacións ou contidos ilícitos, contrarios á moral o aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública.

 

5. Propiedade industrial e intelectual

A totalidade deste Sitio Web, así como das contas/perfís de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA en Redes Sociais: texto, imaxes, marcas comerciais, logotipos, arquivos de audio e vídeo, botóns, arquivos de software, combinacións de cores, así como a estrutura, selección, ordenación e presentación dos seus contidos son propiedade de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA ou de terceiros, e están protexidos polas leis españolas e internacionais sobre propiedade industrial e intelectual. Así mesmo, e sen prexuízo do anteriormente citado, o contido do Sitio Web ten a consideración de programa de ordenador e élle de aplicación toda a normativa española e comunitaria europea vixente na materia.

Polo feito do acceso que o usuario realiza ao Sitio Web e/ou á conta/perfil de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA en determinada rede social, non poden entenderse cedidos a este ningún dos dereitos de explotación que existan ou poidan existir sobre ditos usos máis alá dos estritamente necesarios para o seu correcto uso.

 

6. Limitación de responsabilidade

HIDROELÉCTRICA DE LARACHA exclúe, con toda a extensión que permite o ordenamento xurídico, calquera responsabilidade polos danos e perdas de toda natureza que poidan deberse a:

- Presenza de virus, ou a presenza doutros elementos nos contidos que poidan producir alteracións no sistema informático, documentos electrónicos ou ficheiros dos usuarios.

-A transmisión, difusión, almacenamento, posta a disposición, recepción, obtención ou acceso aos contidos.

- Falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do Sitio Web, os seus servizos e/ou contas/perfís en redes sociais, á defraudación da utilidade que os usuarios puidesen atribuír ao Sitio Web e/ou ao perfil/conta nunha determinada rede social, á falibilidade do Sitio Web, os seus servizos e/ou perfís/contas de redes sociais, e, en particular, aínda que non de modo exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas web do sitio, os seus servizos e/ou perfís/contas de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA en redes sociais.

-O correcto funcionamento dos dispositivos técnicos de enlace (tales como, entre outros, banners e botóns), directorios e ferramentas de busca que permitan aos usuarios acceder a sitios web e/ou perfís/contas de redes sociais pertencentes e/ou xestionados por terceiros. A instalación destes dispositivos técnicos ten por único obxecto facilitar aos usuarios a busca e o acceso á información, contidos e servizos dispoñibles en Internet.

- A calidade, licitude, fiabilidade e utilidade da información, contidos e servizos existentes nos sitios enlazados.

-A utilización dos servizos e dos contidos por parte dos usuarios, ou que poidan deberse á falta de veracidade, vixencia, exhaustividade e/ou autenticidade da información que os usuarios proporcionan a outros usuarios.

- Os contidos que os usuarios dos foros de debate, listas de distribución e/ou perfís/contas de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA en redes sociais poidan introducir, ou das opinións vertidas nestes, e serán única e exclusivamente estes os responsables de ditas accións. De acordo co anterior, HIDROELÉCTRICA DE LARACHA resérvase a facultade de retiralos temporal ou definitivamente, así como, nos casos que ao seu xuízo así o requiran, establecer os mecanismos necesarios para non volver a permitir o acceso ao servizo e/ou ao perfil/conta de HIDROELÉCTRICA DE LARACHA.

 

7. Política de privacidade

Os usos e regras que HIDROELÉCTRICA DE LARACHA segue en cumprimento da Lei Orgánica 15/99 de 13 de decembro, Lei de protección de datos de carácter persoal, e a súa normativa de desenvolvemento, son os que se expoñen no capítulo de privacidade «Política de privacidade» da presente páxina web.

 

8. Tratamento de cookies

HIDROELÉCTRICA DE LARACHA informa ao usuario do seu Sitio Web da utilización de cookies propias e de terceiros a fin de proporcionar unha mellor xestión e atención por parte desta do servizo demandado. Ditas ferramentas informáticas son ficheiros que se descargan no seu ordenador, cuxa finalidade principal é recoñecer o usuario e os seus hábitos de navegación.

HIDROELÉCTRICA DE LARACHA, a fin de ampliar e clarificar o anterior, pon á súa disposición a primeira «Guía en Europa sobre o uso de cookies», elaborada polas autoridades europeas en materia de protección de datos de carácter persoal en colaboración con distintos representantes da industria. Non obstante o anterior, o usuario sempre poderá encontrar información a este respecto convenientemente actualizada en http://www.agpd.es.

Noutra orde de cousas, sinalamos (non con carácter exhaustivo, xa que por diversas cuestións técnicas propias ou de terceiros poden variar nun determinado momento) a continuación as cookies utilizadas por HIDROELÉCTRICA DE LARACHA ou terceiros no seu Sitio Web.

 

TÁBOA DE COOKIES

 

Cookie da Directiva de Cookies

Rexistra si Vd. acepta a nosa Política de Cookies e almacenase durante 60 días para non volver a mostar o aviso emerxente de política de cookies.

 

Google Analytics

Esta páxina web utiliza  Google Analytics, un servizo analitico de webprestado por

 Google, Inc., unha compañía de Delaware con oficina principal no1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos ("Google").

 

Google Analytics utiliza "cookies", que son arquivs de texto ubicados no seu ordenador, para axudar ó website a analizar o uso que fan os usuarios do sitio web. A información xerada por a  cookie acerca do seu uso do website (incluindo a súa  dirección IP) será directamente transmitida y arquivada por Google nso servidores de Estados Unidos. Google usará esta información por a nosa conta co propósito de seguir a pista do seu uso do website, recopilando informes da actividade do website e prestando outros servizos relacionados coa  actividade do website e o uso de Internet.

 

Google poderá transmitir dita información a terceiros cuando sexa requerida   por a lexislación, o cando devanditos terceiros procesen a información por conta de Google. Google non asociará a súa dirección IP con ningún outro dato do que dispoña Google.

 

Voste de pode rexeitar o tratamiento dos datos ou a información rexeitando o uso de cookies mediante a selección da configuración apropiada do seu navegador, sendo así, vostede debe saber  que de faceloe puede ser que no poida ustilizar a plena funcionabilidade deste website. Ao utilizar este website vostede consinte o tratamento de información acerca de vostede por Google na forma y para os fins arriba indicados

 

Nota: HIDROELÉCTRICA DE LARACHA comprométese, na medida das súas posibilidades, a manter la lista precedente debidamente actualizada (última versión: dd/mm/aa).

Así mesmo, informámolo de que co obxecto de bloquear ou impedir a utilización de cookies e dependendo do navegador utilizado deberá dirixirse con carácter xeral ao capítulo de seguridade ou configuración deste. De todas as formas, consulte a axuda do seu navegador.

 

8. Notificacións

Todas as notificacións realizadas por un usuario ou terceiro a HIDROELÉCTRICA DE LARACHA consideraranse eficaces sempre que se dirixan, mediante envío por correo postal certificado, ao enderezo: paseo de Ronda, 47; 15011 A Coruña.

Se a comunicación se refire á realización de actividades ilícitas ou á infracción de dereitos de propiedade industrial ou intelectual, debe axuntar documentación que acredite os feitos, así como declaración expresa da veracidade desta.

 

9. Duración e suspensión dos servizos

HIDROELÉCTRICA DE LARACHA resérvase a facultade de suspender os servizos cando o estime pertinente, e en particular a aqueles usuarios que infrinxan o establecido no presente aviso legal.

 

10. Lexislación aplicable e xurisdición

O presente aviso legal e todas as relacións que se establezan entre HIDROELÉCTRICA DE LARACHA e o usuario rexeranse polo establecido na lexislación española. HIDROELÉCTRICA DE LARACHA e o usuario acordan someterse exclusivamente á xurisdición dos xulgados da Coruña para a resolución de calquera disputa que xurda entre ambos.

 

 

galegocastellano

 © HL Energía 2014

 

 Aviso Legal Política de Privacidade

Oficinas

A  Coruña

HL Energía

Avda. De Arteixo, 19

15004  A Coruña

Tlf 981 277 404

Fax 981 277 433

 

A  Laracha

HL Energía

Avda. Dr. López Astray,  22

15145 A Laracha

Tlf  881 916 805

Fax 981 606 672