unique prestashop themes

galegocastellano

Telexestión

O sistema de TeleXestión está formado por un conxunto de equipos electrónicos, de comunicacións e informáticos que, conectados entre si, permiten automatizar a xestión da medida. O contador dixital é parte esencial deste sistema.

 

Introducímonos nas REDES INTELIXENTES

O sistema de TeleXestión permíteche

1 Ler a distancia o teu consumo de enerxía e potencia

A xestión remota dos contratos, posibilitando a modificación inmediata de tarifa, potencias...

?

Preguntas Frecuentes

 

¿Que ocorre se non teño subministración eléctrica?

Se se producise un disparo do interruptor de control de potencia no contador...

 

Deberás situarte fronte ao teu cadro eléctrico; bastaría entón con baixares o interruptor automático ou o interruptor diferencial para que, ao cabo duns poucos segundos, procedas a subilo á súa posición previa, segundo o DEBUXO 1

 

Tamén se pode «rearmar» a subministración eléctrica desde a propia botoeira do contador, tal e como se mostra no DEBUXO 2

Se segue sen funcionar

 

Pode que esteas demandando máis potencia da que tes contratada, polo que deberás desenchufar algunha carga eléctrica que teñas conectada.

 

Se aínda así segues sen servizo eléctrico, podería existir unha avaría na túa instalación interior ou nun dos aparellos eléctricos que estás a utilizar; é a túa responsabilidade detectala e reparala.

 

Se a rede de distribución pola vía pública é a que ten a incidencia, sendo varios clientes de diferentes predios os que non teñen subministración eléctrica, dita responsabilidade recaería na empresa eléctrica.

 

Para calquera consulta ou aclaración sobre este proceso, non dubides en poñerte en contacto na nosa oficina en horario de atención ao público, ou ben chamando ao noso teléfono.

 881 916 805

Consellos de aforro enerxético

Un aproveitamento responsable e eficiente de enerxía contribúe a respectar e mellorar o medio natural e repórtache un aforro no teu consumo.

 

Aquí poderás encontrar algúns consellos que che axudarán a mellorar os teus hábitos de consumo, así como os servizos que HL Energía che ofrece para manter a túa instalación en óptimas condicións

AFORRO

Reducir o consumo enerxético é sinxelo.

Abonda con adquirir determinados hábitos, pequenos xestos en cada unha das estancias do fogar, que nos axudarán a aforrar.

Na

COCINA

  • Desconxelando

    Evita consumo do forno ou do microondas, desconxelando algúns alimentos no propio frigorífico.

  • Programas Económicos

    Utiliza os electrodomésticos a plena carga e en programas económicos.

  • Capa de xeo

    Desconxela o conxelador cando a capa de xeo alcance de 5 a 7 mm de espesor.

  • Aclarar Platos

    Aclara os pratos con auga fría antes de metelos no lavalouza.

  • Ola de presión

    Utiliza a ola de presión. Reducirá o consumo de enerxía á metade mentres cociñas.

  • Portas Abertas

    Evita abrir as portas da neveira e o forno inutilmente. O frío e a calor acumulados pérdense rapidamente.

  • Calor Residual

    Utiliza dentro do posible a calor residual para acabares de cociñar os alimentos.

No

CUARTO DE BAÑO

  • Ducha e Baño

    Tenta utilizar a ducha máis que o baño. Unha ducha consome uns 30 ou 40 litros, fronte aos 100 ou 130 dun baño.

  • Programar o Termo

    Instala no teu termo eléctrico un reloxo programador que regule o uso de auga quente só cando se necesite

Coa

CALEFACCIÓN

  • 10 minutos

    10 minutos son suficientes para renovar o aire dun cuarto. Non manteñas as fiestras abertas demasiado tempo.

  • Burletes

    Instalando burletes adhesivos en portas e ventás podes aforrar ata un 10 % de enerxía.

  • Noite e día

    Apaga a calefacción de noite, e acéndea cando a casa xa estea ventilada pola mañá.

  • Casa Baleira

    Apaga completamente a calefacción se a casa vai estar baleira máis dun día.

Se cociñas cun recipiente cun fondo maior que o fogón e utilizando SEMPRE a tapadeira das cazolas podes aforrar ata un 20 % de enerxía.

SEGURIDADE

Precaucións con electrodomésticos

Para limpar ou reparar calquera electrodoméstico, DESCONÉCTAO previamente.

 

Non utilices aparatos eléctricos en locais húmidos.

A AUGA actúa como condutora da electricidade, polo que...

Non enchufes ningún aparello eléctrico mentres esteas na bañeira.

 

Non toques a parte metálica dos aparellos eléctricos coas mans molladas ou descalzo.

Coidado cos nenos

Non permitas aos nenos achegarse aos aparellos eléctricos enchufados, cabos, etc.

 

Utiliza dispositivos especiais para bloquear as tomas de corrente ao alcance dos nenos.

Evita enchufar moitos electrodomésticos a unha mesma toma de corrente; os cabos poden sufrir unha sobrecarga e provocar curtocircuítos.

INSTALACIÓNS

O correcto funcionamento da instalación eléctrica, así como o seu mantemento, son fundamentais á hora de aproveitar mellor a enerxía.

Por esta razón, HL Energía ofréceche un servizo de:

Verificación inicial da instalación eléctrica por profesionais

 

Detección de posibles deficiencias de instalación cando proceda

Análise de contrato e consumo específica da súa vivenda

Verificación de lecturas do contador

Interrupcións Programadas

Permanentemente traballamos para manter e mellorar as nosas redes de distribución. Tratamos de que tales labores che afecten o menos posible. Así e todo, nalgunha ocasión, por motivos de seguridade, vémonos obrigados a realizar cortes programados na subministración. Isto é inevitable para mellorar a calidade do servizo e garantir a seguridade das instalacións.

ESTAMOS A REALIZAR TRABALLOS DE MELLORA NA REDE, E VÉMONOS OBRIGADOS A REALIZAR OS CORTES DE SUMINISTRO QUE SE INDICAN:

As instalacións consideraranse en tensión por si os traballos se rematasen

 antes da hora prevista.

 

DÍA: venres  26 de maio

 

HORA: de 09:00 a 13:00 h (horario A) – de 15:00 a 19:00 h (horario B)

 

LUGARES: dependentes dos CTs:

Horario A: San Cristobo, Beria, Golmar, Gasolinera-Golmar, Groba, Porta Santa

Horario B: Talladas, Leborias, Cerdeira, Troyan, Bouzas, Lorteiro

 

DISCULPEN AS MOLESTIAS

 © HL Energía 2014

 

 Aviso Legal Política de Privacidade

Oficinas

A  Coruña

HL Energía

Avda. De Arteixo, 19

15004  A Coruña

Tlf 981 277 404

Fax 981 277 433

 

A  Laracha

HL Energía

Avda. Dr. López Astray,  22

15145 A Laracha

Tlf  881 916 805

Fax 981 606 672