unique prestashop themes

 

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

 

 

1.- O acceso a este sitio web e a aqueles perfís/contas de Hidroeléctrica de Laracha, S.L. en Redes Sociais (que así o permitan) como visitante, sen demanda de ningún tipo de servizo, non requirirá en ningún caso que o usuario teña que facilitar ningún dato sobre si mesmo.

 

 

2.- Hidroeléctrica de Laracha, S.L. procedeu, de acordo coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, a adoptar todas as medidas de índole técnica e organizativa a fin de garantir en todo momento a confidencialidade e integridade dos datos que vostede como usuario puider facilitarnos, e evitar a súa alteración ou perda.

 

 

3.- Procedementos de recollida de datos, finalidades do seu tratamento e conservación.

 

Os datos proporcionados a través de calquera dos enlaces/formularios que haxa no sitio web www.hlenergia.com así como os resultantes da relación establecida, fromarán parte de un ou varios tratamento/s do/s cal/es Hidroeléctrica de Laracha, S.L. é responsable conservándose mentres dure a citada relación ou durante os anos necesarios para cumplir coas distintas obligacións legais que en calquera momento en en calquera medida sexan de aplicación. Asi mesmo e poderán ser utilizados a prestación do servizo solicitado e/ou para a atención á súa demanda de información, así como para futuros contactos comerciais. En caso de que o medio de subministración por parte do usuario dos seus datos sexa a través de redes sociais onde Hidroeléctrica de Laracha, S.L. teña un perfil/conta activa, e a súa finalidade sexa distinta á simplemente necesaria para as condicións de utilización que marque cada rede social en particular, deberá dirixirse aos formularios/enlaces do sitio web de Hidroeléctrica de Laracha, S.L. para a demanda de calquera outro tipo de servizo por parte desta.

 

Nos formularios para a recollida de datos, sinalarase cales teñen carácter obrigatorio e cales non. A non subministración de datos cualificados como de carácter obrigatorio suporá a imposibilidade de acceder ao servizo ou a non prestación deste.

 

 

4.- Petición de consentimentos

 

O titular dos datos subministrados autoriza de forma expresa, mediante a aceptación da presente política de privacidade: o tratamento destes por parte de Hidroeléctrica de Laracha, S.L. para as finalidades descritas; o envío tanto por vía telemática como por calquera outro medio ordinario ou que nun futuro a técnica desenvolva, canta información e/ou publicidade Hidroeléctrica de Laracha, S.L. considere pertinente sobre a información/servizos demandados ou calquera outro que a entidade considere que poida ser do seu interese.

 

O usuario dos perfís/contas de Hidroeléctrica de Laracha, S.L. en redes sociais autoriza, naqueles supostos que a lexislación o permita, a utilización, reprodución e/ou comunicación a terceiros de calquera opinión e arquivo de audio/vídeo (sen copyright) que este insira en ditas redes. En todo caso e especialmente en arquivos de audio/vídeo entenderase que o usuario conta con autorización de persoas que aparezan neles distintas a el, e que é da súa única e exclusiva responsabilidade a non previsión destes feitos.

 

Así mesmo e de acordo co anterior, o usuario comprométese a comunicar polo mesmo medio e nos termos que se establecen para o exercicio de dereitos calquera modificación que se produza nos datos achegados.

 

O usuario poderá revogar o seu consentimento para os tratamentos sinalados nos parágrafos anteriores de acordo co establecido na lexislación vixente  de protección de datos de carácter persoal enviando a comunicación en tal sentido á  dirección do Responsable de Tratamento: Hidroeléctrica de Laracha, S.L. Avenida de Arteixo, 19 / 1º Dcha. - 15004 A Coruña mediante os procedementos que estén establecidos legalmente en cada momento.

 

Igualmente e con carácter previo, o usuario, a través dos cadros de verificación establecidos nos distintos formularios ou mediante envío de e-mail, poderá indicar a Hidroeléctrica de Laracha, S.L. que non desexa recibir máis información/publicidade que a inherente á petición solicitada e/ou aos servizos contratados.

 

 

5.- Exercicio de dereitos

 

Informámolo de que debe dirixirse, por calquera medio que permita acreditar o envío e recepción da solicitación a Hidroeléctrica de Laracha, S.L. avenida de Arteixo, 19 /1º dta.; 15004 A Coruña, para o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos «datos de carácter persoal. Asimesmo tamén poderá exercer o seu dereito de reclamación ou tutela diata da Axencia Española de Protección de datos segundo as indicacións para tal efecto da citada entidade en cada momento.

 

 

6.-  Hidroeléctrica de Laracha, S.L. comprométese, na medida das súas posibilidades, a atender as peticións que en calquera momento e utilizando sempre as canles que a lei estableza, poida formular o usuario, no referente a observacións, melloras e reclamacións.

 

 

 

 

 

galegocastellano

 © HL Energía 2018

 

 Aviso Legal Política de Privacidade

Oficinas

Central

HL Energía

Avda. De Arteixo, 19

15004  A Coruña

Tlf 981 277 404

Fax 981 277 433

 

A  Laracha

HL Energía

Avda. Dr. López Astray,  22

15145 A Laracha

Tlf  881 916 805

Fax 981 606 672