unique prestashop themes

galegocastellano

 

HL Energía

HIDROELÉCTRICA DE LARACHA DISTRIBUCIÓN

Historia

 

Nos anos 30 do pasado século, comezou a nosa andaina ao poñermos en funcionamento unha pequena central hidroeléctrica. Aproveitando o descontinuo caudal do río Acheiro, o «Pequeno de Montemaior», afluente do río Anllóns, e a fervenza existente en Ribela, pequeno lugar da parroquia de Vilaño (A Laracha), prodúcense os primeiros quilowatts que abastecerían de electricidade, inicialmente, a casa consistorial do, naquela altura, pequeno núcleo da Laracha.

Ao cabo dalgún tempo, a aquela iniciativa súmase outra central hidroeléctrica no río Puma ou Bardoso, afluente do Acheiro. Ambas as centrais cubriron as necesidades máis esenciais, nos inicios, para o abastecemento da vila da Laracha, á que pouco e pouco se foron sumando outras pequenas localidades da contorna.

A nova situación permitiu, en pouco tempo, a apertura de numerosos serradoiros, muíños, granxas gandeiras e outras pequenas industrias.

1930

Transformador Ano 1934

Salto de Ribela

1990

A constante evolución da empresa levou á adopción de importantes mudanzas tecnolóxicas, a elevados investimentos para mellorar as infraestruturas e á formación dun equipo humano de profesionais que soubo conxugar a súa capacidade e experiencia co trato próximo e personalizado. O cambio de imaxe de Hidroeléctrica de Laracha asociouse igualmente a tal evolución e modernización.

1950

A principios dos cincuenta, debido ao incremento da demanda enerxética xurdida, Hidroeléctrica de Laracha viu a conveniencia de conectar as súas redes coas de Gallega de Electricidad, no seu afán constante de garantir toda a enerxía que nun futuro non afastado ía necesitar a comarca.

Nos anos 70, a infraestrutura eléctrica da empresa cubría a práctica totalidade do termo municipal da Laracha e múltiples lugares dos municipios limítrofes.

1970

HOY

Desde entón, Hidroeléctrica de Laracha, S.L. vén desenvolvendo a súa actividade mantendo, modernizando e ampliando a súa arquitectura eléctrica.

A enerxía sempre será a clave do desenvolvemento social e económico, e por iso traballamos día a día con verdadeira vocación de servizo.

O Grupo HL

O grupo HL Energía, hoxe en día, abrangue o proceso completo de xestión da enerxía eléctrica e de maneira óptima: a produción, ecolóxica e non contaminante; a distribución, coa máxima eficiencia e calidade; a comercialización, con prezos competitivos e grandes vantaxes para os consumidores.

 

Produción

As enerxías renovables constitúen fontes de abastecemento enerxético autóctonas e respectuosas co medio.

 

Desde Hidroeléctrica de Laracha Producción, tense apostado desde hai anos pola xeración renovable, facendo un esforzo investidor moi considerable para a obtención de enerxía verde.

 

O Parque de Pena Galluda, promovido por Vento Laracha, S. L., cunha potencia de 660 Kw, foi un dos primeiros parques singulares que se instalaron de xeito experimental. Hoxe en día segue en funcionamento.

 

A participación en Energías de Galicia, S.A. (ENGASA) é sinal do noso compromiso co medio natural e o desenvolvemento sustentable.

Comercialización

Tras a liberalización do sector eléctrico, en cumprimento de directivas europeas, e a aparición das primeiras comercializadoras no mercado non regulado, Hidroeléctrica de Laracha Energía constituíuse inicialmente nun comercializador de enerxía eléctrica de marcado carácter local. Posteriormente, xa desde 2009, pasou a formar parte da comercializadora CIDE HC ENERGIA (CHC), que abrangue todo o territorio nacional con case 500.000 clientes.

Os Nosos Compromisos

Compromiso de

CALIDADE

Os nosos esforzos constantes tanto en investimento en capital humano como en infraestruturas garanten permanentemente un servizo eléctrico que supera os estándares de calidade do sector. Traballamos para isto todos os días.

 

Pero non nos conformamos só con iso.

 

Descargar PDF

Hidroeléctrica de Laracha foi a primeira empresa do sector en conseguir, no ano 1998, de forma integral, o Certificado de Calidade segundo a norma UNE EN ISO 9002: 1994.

 

Desde entón, e mediante auditoría, veuse recertificando, ano tras ano, ata que no ano 2004 se actualizou a certificación á norma UNE en ISO 9001: 2000, e renovouse posteriormente á UNE EN ISO 9001: 2008, certificación da que actualmente dispón, que garante a execución dos seus procesos de acordo cun sistema de calidade consolidado e a busca da mellora continua, que novamente redundará nun mellor servizo e asistencia ao usuario.

Compromiso de

SEGURIDADE

Como non podía ser doutra maneira, é natural a nosa preocupación pola seguridade e a saúde dos nosos traballadores.

 

Esta preocupación non só pretende dar cumprimento ás prescricións establecidas pola lei en materia de prevención de riscos laborais, senón que ademais aspira, aproveitando dito cumprimento, a mellorar en todo o posible as condicións de vida laboral de todas as persoas que conforman a nosa organización.

 

Por todo isto, con gran esfuerzo e dedicación, obtivemos a certificación en OHSAS 18001.

 

Implantar e certificar o noso sistema de xestión da seguridade e da saúde no traballo   foi o noso obxectivo para garantizar e demostrar o noso  sólido empeño no control dos riscos con co fin de minimizarlos ao máximo ou incluso eliminalos.

 

Descargar PDF

Compromiso de

I+D+i

En épocas de tantas mudanzas no sector eléctrico, a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación son fundamentais para afrontar os novos desafíos con que nos encontramos.

O noso reto é continuar a mellorar día a día, desenvolvendo solucións e innovando, xa que isto, sumado ao esforzo e a constancia que nos caracterizan, redundará na optimización do servizo eléctrico.

 © HL Energía 2014

 

 Aviso Legal Política de Privacidade

Oficinas

A  Coruña

HL Energía

Avda. De Arteixo, 19

15004  A Coruña

Tlf 981 277 404

Fax 981 277 433

 

A  Laracha

HL Energía

Avda. Dr. López Astray,  22

15145 A Laracha

Tlf  881 916 805

Fax 981 606 672